Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas pistas de tenis municipais


O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas instalacións deportivas municipais, de cara a potenciar o seu uso entre a cidadanía e co obxectivo de que sexan máis accesibles e seguras. Os
traballos comezaron durante estas semanas nas pistas de tenis de Iria, nas que se corrixiron desniveis e irregularidades, se pintou, se mellorou o perímetro e nas que se iniciou un proxecto de iluminación.
O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, sinalou que “as actuacións nas instalacións deportivas realízanse de xeito periódico, posto que dende o executivo local priorizamos a seguridade dos nosos veciños, especialmente, na situación na que nos atopamos na actualidade por mor da Covid-19”.
Neste contexto, o Concello de Padrón decidiu poñer a disposición dos veciños e veciñas redes de tenis e de pádel gratuítas, que deben ser solicitadas previamente a través da oficina de deportes do Centro Social, no teléfono 664 076 974. O horario de atención é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres,e
para efectuar a entrega e preciso presentar o DNI e dar os datos de contacto.
Competicións Federadas
O uso das instalacións deportivas tamén se incrementará grazas á celebración de competicións federadas como, por exemplo, o Campionato por equipos autonómico de maiores de 35, no que participa o clube W de tenis de Padrón.
A primeira xornada desta competición tivo lugar este sábado.